Igrexas e Ermitas
Existen no noso concello nove parroquias a cada unha conta con, alo menos, un lugar adicado ó culto, de distinto tamaño e antigüidade, aínda que a máis importante é a da parroquia de Río, situada en O Campo. Asemade, en certos lugares atópanse ubicadas ermitas de pequenas dimensións, prácticamente en desuso, entre as que cabe destacar as de Domecelle, Mouruás, San Miguel e Castrelo.
Por se-la igrexa máis importante do concello é necesario facer unha descripción máis detallada da que está ubicada na capitalidade do mesmo. Trátase dunha igraxe de estilo románico tardío, con algúns elementos do gotico, como poden se-las bóvedas de crucería dos altares laterais. A data de finalización é de 1691 e fíxose sendo abad D. Alonso Bermúdez, tal como indica unha placa gravada.
A planta conta con tres naves, sendo pois, de tipo basilical, presentando unha cruz latina no exterior. A nave central é máis ancha e alta que as laterais e cada unha delas ten un ábside, sendo o central o adicado ó servicio religioso. Estos poseen sendos retablos, dous dos cales están moi deteriorados, datados en 1782, con adornos barrocos, como poden se-los abundantes elementos vexetais ou as columnas salomónicas.
Os arcos que cubren as naves son de medio punto e as bóvedas de cañón. A cúpla é octogonale está sustentada por pechinas.
Ademáis do que é a igrexa en sí, conta con pezas de orfebrería moi valiosas, coma a Cruz, a Custodia, o Cáliz (do século XVIII) e o Incensario (do século XVII); Asemade alberga tres petos das ánimas do século XVIII.
Ermitas







