"Casa das Estrelas"

   Observatorio Astronómico Robotizado, para labores astrofotográficas, consta dunha cúpula monotorizada de 4 m, que alberga no seu interior un Telescopio de 51 cm (a par dos maiores da comunidad), instalado sobre montura ecuatorial adecuada para uso remoto, un sensor CCD de última xeneracion gran eficiencia cuántica e baixo ruído.

                         

 Observatorio instalado no recinto do Albergue de Os Biocos.

    Dispón dunha estación meteorolóxica propia así como sensor de nubes, caracterizándose pola embergadura da cúpula motorizada que alberga no seu interior un telescopio de 51 cm de diámetro adecuados para o uso en remoto, podendo obter imaxes de altísima calidade destinadas a produción científica como roda porfiltros, filtros fotométricos, motorización do enfoque, ccd guiado, ordenador,...etc.

   Podendo crearse un comité de asignación de tempos formado por profesionais das distintas universidades galegas encargado de distribuír as horas de observación dispoñibles entre todos os traballos e propostas de observación presentadas pola comunidad científica, alumnos de postgrado, centros educativos, aficionado

                                                     

 

                     "Mina.- "Os Biocos".-

A antiga explotación mineira escavada a ceo aberto, tivo como fin a obtención de material aurífero en época da dominación romana, conservando vestixios e restos claros de dita época, así como o acceso as galerías. Neste intre non esta operativo.

Mina Romana de Ouro a ceo aberto, sobre xacimento primario, en pedra, localizada no municipio, formando parte dun conxunto mineiro aurífero maís amplo que se estende a ambos lados do alto de A  Moa, entre os Municipios de Ribas de Sil e San Xoán de Río, no que se documentan moitas outras labores romanas.

Sendo unhas das explotacións auríferas mais grandes realizadas directamente sobre pedra en galicia.

   Como resultado desta intervención, trázase un itinerario para visitar a explotación. O Percorrido parte da Aldea de O Xunquedo, onde pode chegar facilmente en automovil desde S. Xoán de Río, iniciase unha visita de duración dunha hora, cun percorrido pouco exixente e apto para visitas familiares. Contase con paneis informativos o pe da explotación que permiten entender o contexto xeolóxico e as labores mineiras, así como procesos históricos asociados a posta en marcha da minería romana no Noroeste penincular.

 Sabemos que os traballos leváronse a cabo mediante cortes de minado, socavando e abatendo apedra com mazos, cuñas e picos , empregando alternativamente lume e auga par calentale e enfriala, favorecendo deste moda a súa rotura pola cambio térmico.

 O Análisis da explotación permite establecer entre 1.290.000-1.935.000 m3 de roca extraída, pódese establecer que da explotación de  Os Biocos, extraéronse entre 774 e 1161 kg de ouro.

https://mti-minas-galicia.blogspot.com/2012/07/os-biocos.html

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

casa das estrelas 

Albergu "Os Biocos"

O Campamento de Astronomía atópase na Localidade de San Xoán de Río, na provincia de Ourense, preparado para aloxar a 50 participantes de diferentes idades que viviran unha experiencia en plena naturaleza. P Aloxamento é no ALbergue. Contando con comedor, cociña, primeiros auxilios ademaís dun observatorio astronómico.

San Xoán de Río, poboación ás portas de O Caurel e en pleno da Ribeira Sacra. 

www.campamentosdegalicia.com/sanxoan

Máis artigos

  1. Natureza e rutas
                                                            
         Enlaces             Fotos           Contactar