O.M.I.X. (oficina municipal de información xuvenil)

  • Finalidade do servizo:

Servizo para a mocidade integrado na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil da Xunta de Galicia, Consellería de Traballo e Benestar, Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
A súa función é a de proporcionar ós mozos do Concello información, asesoramento e documentación de temas do seu interese como a educación, cultura, viaxes, ocio, emprego, idiomas, cursos, estudos, programas europeos etc; organizando dende esta unha serie de actividades xuvenís e de tempo libre co fin de promocionar a participación dos mozos na vida sociocultural.

  • Descrición das áreas de traballo:

  -Información e asesoramento á xuventude

  • Descrición dos programas que desenvolven:

  -Actividades orientadas á xuventude.
  -Axudas e subvencións.
  -Vivenda xove.
  -Expedición do Carne Xove Euro <26(
Unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega(12 a 30 anos), que a acredita como tal, e coa que obtén descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove, agás excepcións propias de cada comunidade ou país).

-Outras convocatorias.

                                                            
         Enlaces             Fotos           Contactar