Xulgado

XULGADO DE PAZ:

A Xustiza de Paz continúa a ser hoxe en día un pilar fundamental da estructura xudicial española. A progresiva profesionalización dos membros da Oficina Xudicial dos Xulgados de Paz e a reducción de competencias en materia de auxiliar xudicial civil naqueles órganos non dotados de persoal pertencente á Administración de Xustiza, garante que este primeiro escalón da Administración de Xustiza preste servizos de forma eficaz e de maneira próxima ao cidadán.

 

REXISTRO CIVIL:

O Rexistro Civil foi creado en aplicación da Lei “provisional” de 17 de xuño de 1870, que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1871, e a partir de aí aparecen rexistrados nos seus libros ou tomos todos os feitos e actos vitais que afectan ao estado civil de calquera persoa. Antes desta data, para a proba e constancia de nacemento, matrimonio ou defunción, débese acudir aos arquivos eclesiásticos diocesanos ou parroquiais, a cargo dos respectivos bispados ou parroquias que levaban os rexistros de bautismos, matrimonios e finados.
Trámites que se xestionan no Rexistro Civil.

  •    Certificacións de nacemento, matrimonio e defunción. Arquivo de datos dende 1876 (certificado dispoñible abaixo).
       
  • Matrimonios civís.
      
  • Libros de Familia.
      
  • Fe de Vida e Estado Civil.

Horario de atención ao público de luns a venres en horario de 9.00 ás 14.00 horas.

 

Teléfono de contacto: 988.34.60.02

Fax: 988.34.61.30

Conta de correo electrónico:  concello@concellodesanxoanderio.com

SOLICITUDE XERAL.