Entramos na última semana de xullo consolidando o éxito da oferta de conciliación municipal para este verán. Co Plan Corresponsables a pleno rendemento, contabilízanse xa 128 inscricións sumando os Campamentos diarios, o Campus Mixto de Fútbol e o Concilia en Inglés.
Estes excelentes resultados súmanse ás actividades xa desenvolvidas durante o mes de xuño e ás que terán lugar en setembro, completando unha programación deseñada para facilitar a conciliación das familias do concello ao tempo que a rapazada goza de propostas educativas, deportivas e de lecer.
Axúdanos a seguir mellorando
Para continuar mellorando a calidade dos servizos nas vindeiras edicións, animamos a todas as persoas participantes a cubrir o formulario de avaliación e satisfacción a través do seguinte enlace: 👉 Formulario de satisfacción
Cofinanciado polo Plan Corresponsables. Ministerio de Igualdad, Gobierno de España.
Muchas gracias