O Concello de San Xoán de Río está situado na zona montañosa da Comarca de Terras de Trives, entre a serra de Castrelo e o monte Cerengo con 1286 metros de altitude. Está delimitado ó norte polo concello de Ribas de Sil, o oeste por Castro Caldelas, o sur-oeste por Chendrexa de Queixa e o sur por A Pobra de Trives (delimitado polo río Navea).
A capitalidade Municipal é "O Campo", situado a 4 km do Alto de Cerdeira, de onde se accede ó municipio a través da estrada comarcal 536 (Ourense - A Rúa), se ben existen outras vías de entrada. Nesa mesma estrada tamén chegamos dende o comlexo turístico de As Guístolas, e comunicando coa provincia de Lugo, a través da serra da Moa coa N-120.
O territorio aséntase sobre unha esplanicie de 900m de altura media e que se extende dende a seraa de A Moa ata o río Navea. A paisaxe rural aparece como un hábitat disperso en pequenas aldeas de gran beleza pola súa ubicación, distribución e paisaxe. Ten unha superficie total de 61.7 km2 con 69 núcleos urbanos repartidos en 9 parroquias .